David Hernández

O cinema foi o que me moveu a entrar no medio audiovisual hai máis de 30 anos. Un longo percorrido que me levou por diferentes medios e funcións, desde a fotografía á televisión, desde a publicidade ao cinema, actividades que puiden compaxinar de forma continua coa miña vocación pola docencia, impartindo multitude de cursos tanto en formación oficial (Ciclo Superior de Imaxe) como en obradoiros e cursos curtos.
En 2007 fundo a produtora Adarme Visual, realizando encargos profesionais para empresas e institucións públicas; e como freelance para outras produtoras especialiceime na dirección de fotografía en publicidade e outros xéneros. Acumulo unha sólida experiencia como realizador de vídeo-clips, documentais, programas de TV, pezas multicámara, corporativos etc.
Paralelamente a este labor profesional sempre traballei en proxectos persoais e creativos de ficción, videocreación, fotografía e documental. En 2018 estreo “La felicidad de los perros”, a miña primeira longametraxe de ficción, pero ata chegar aí escribín e dirixín varias curtametraxes de ficción e documental.
Na miña web poderás atopar máis información sobre min: www.davidhernandez.eu
Director / Realizador
- “Vigo 1719, invasión e asedio”, documental para Concello de Vigo (2023)
- “Dança macabra” videoclip de Cavalheiro (2023)
- “DicDacDocs”, pezas didácticas para Xunta de Galicia (2021)
- “Ollar”, serie documental para Xunta de Galicia (2020)
- “La felicidad de los perros”, longametraxe de ficción (2018)
- “Spaces of Time”, serie documental (2013-17)
- “Poland", videoclip do grupo Voltaica (2018)
- “O Señor das dunas”, director e guionista do espectáculo teatral (2012)
- “Fábula”, piloto de serie de animación (2010)
- “Verderojo”, curta de ficción (Adarme Visual - 2009)
Director de fotografía
- “Rake Cerámica” peza publicitaria (2023)
- “Vigo 1719, invasión e asedio”, documental para Concello de Vigo (2023)
- “Vialia-O Marisquiño 21”, spot realizad para Koolbrand (2021)
- “Ollar”, serie documental para Xunta de Galicia (2020)
- “Spaces of Time”, serie documental producida (2013-17)
- “D.O. Rías Baixas”, spots para televisión de Verve C.G. (2016-18)
- “Hyundai - Real Fans First”, spot web para Verve C.G. (2016)
- “Marc Márzquez Racing Sciene”, vídeo para Red Bull (2016)
- “Sono I - SBF Hair & Make Up”, fashion film para Sonia Balado (2015)
- “Un mar de pedra”, longametraxe documental (2010)