Teatro

REMATANDO A TEMPORADA DE «O SEÑOR DAS DUNAS»

By 21 enero, 2013 abril 7th, 2017 No Comments

Semella que foi onte, cando comezabamos a andaina co  «O Señor das dunas»,  espectáculo coproducido con Merlín Comunicación e subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do programa Falaredes, que percorreu toda Galicia durante o ano 2012, xunto con outras actividades máis.
Pois si, despóis de 11 meses en ruta e case 90 actuacións, isto achégase o final. Pero ainda nos quedan sete actuacións , así que estades todos convidados a vir  e non perder a oportunidade de ver este novedoso espectáculo de contacontos, narrados por Mani Braga e  ilustrados en directo sobre a area por Dani Boullosa. Estas son as datas e lugares das últimas actuacións;

Sábado 26 ás 12:00 Fene no Círculo Cultural e Deportivo de Perlío.
ás 18:00 Abegondo no Local Social de Mabegondo.
Domingo 27  ás 18:00 Forcarei no Centro Social.
Sábado 2 ás 18:00 Rois no Auditorio de edificio multiusos.
Domingo 3 ás 12:00 Outeiro de Rei no salón de actos da Casa da Cultura.
ás 18:00 Cospeito no salón de actos da Casa da Cultura da feira do monte.
Domingo 10 ás 18.00 Baiona no Auditorio Municipal V Centenario.

Agradecer a todos os que se achegaron  esta fin de semana a Lousame, Santiago e Padrón, xa que aínda que o temporal invitaba a quedar na casa, sorprenderonnos coa afluencia,   sobre todo en Santiago, onde o Centro Sociocultural das Fontiñas quedouse pequeno para todo o público que se acercou a compartir con nós a tarde! Aquí vos deixamos algunha foto….

Leave a Reply