Teatro

«O SEÑOR DAS DUNAS» EN BUEU

By 5 marzo, 2012 abril 7th, 2017 No Comments
Esta fin de semana estreamos o noso espectáculo de contacontos con ilustracións en area «O Señor das Dunas». Unha xira dun ano levaranos por 95 localidades de Galicia dentro da campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística «Falaredes». No espectáculo, realizado en colaboración con Merlín Comunicación, coñecemos o «Señor dás Dunas» (Mani Braga) un naufrago coñecedor de innumerables contos e ao seu aprendiz (Dani Boullosa) que plasma na area os contos que narra o «Señor das Dunas». Ao final da actuación entrégase un libro de contos a todos os nenos asistentes. O sábado estivemos en Bueu onde enchemos o Centro Social do Mar e o domingo tivemos sesión dobre en Marín e Vilaboa onde a afluencia foi masiva. Aquí deixámosvos algunhas fotos da actuación de Bueu e seguirémosvos informando sobre a xira.

 

 

 

Leave a Reply