Teatro

ATA PRONTO!

By 19 marzo, 2013 abril 7th, 2017 No Comments

 

Fai un pouquiño máis dun ano, comezábamos a andaina con «O Señor das Dunas», nin os pensamentos máis optimistas nos asomaban tan grandes experiencias, nin tan fermosas vivencias. Foi un ano cheo de anécdotas, de alegrías e de recompensas, esas que se deixan ver en cada soriso do público, en cada neno pedindo un autógrafo…Foi un ano, ademáis, onde se xestou unha vida chamada Iria, que acompañou no ventre da súa nai os éxitos do seu pai, e apareceu a final de ano para ledicia do todo o equipo! A nosa señoriña das dunas!!
Despóis de visitar 95 municipios galegos, percorrer máis de 10.000 Km, enchernos coa gastronomía dos lugares, vivir temporales e días plenos de sol, sufrir o cansancio de moitas horas de coche, que sempre pagaba a pena o ver o público entusiasmado, despóis de este ano de xira que se acabou fai un mes, so temos agradecemento pola oportunidade brindada, polas case 10.000 persoas que se achegaron a vernos! Moitas grazas por que o noso debut fose tan caluroso!!
 
Estas fotos corresponden a última actuación en Baiona feitas por CarGil.
Moitas grazas equipo e ata pronto!

 

 

 

 

 

Leave a Reply